United_Kingdom Spainsvg

kardo_texto2

A revista KARDO quere ser órgano de expresión do Observatorio Galego do Territorio. O seu contido versará preferentemente -aínda que non só- sobre cuestións que afecten a Galicia, pero buscando sempre a súa dimensión xeral, paradigmática, interesante tamén para outros lugares e situacións. KARDO no se hace responsable de las opiniones de sus colaboradores, aunque sí lo es de los elementos de edición y maquetación elaborados por su redacción.

KARDO pretende chegar tamén a outros públicos nesoutros lugares. Omnis locus universalitatem continet.

KARDOmaximus é o nome do eixo principal Norte-Sur que servía para organizar o territorio das cidades romanas. Pero é tamén o nome dunha planta que, aínda que comestible e por tanto útil, pode picar e molestar a quen corresponda.

A Filosofía

I. País, Paisaxe, Territorio

Existe unha preocupación xeneralizada polo Territorio e pola Paisaxe, polo menos nos países occidentais, e así tamén en Galicia. Son moi frecuentes as noticias na prensa, ante todo  -pero non só- para dar conta de abundantes denuncias ou chamadas de atención presentadas por institucións públicas, asociacións non gobernamentais ou persoas privadas, relativas a malas prácticas que esnaquizan Paisaxes urbanas, rurais ou “naturais”; contaminan ríos e alteran ecosistemas, no litoral ou no interior. Abundantes son tamén os congresos, debates públicos ou cursos especializados sobre estas difíciles e complexas cuestións. Existe un clamor popular… ler máis

II. A toma de decisións

Estamos agora nun momento particularmente oportuno. As xa vellas (insistamos: vellas) ideas sobre a intervención en exclusiva dos poderes públicos, cuxos resultados saltan á vista, están a ceder o paso a outras formas de concibir a xestión do Territorio. As novas ideas exprésanse claramente a través do concepto, moi en boga, de multi gobernanza, é dicir, do goberno da cousa pública desde varios e diferentes centros, instancias, niveis, máis especializados e mellor comprometidos que os gobernos centrais (aínda que sexan de rango local) omnipotentes. Nas cuestións relativas ao Territorio e á Paisaxe esta tendencia actual adquire unha relevancia sobresaliente. Un par de exemplos sinxelos. Cando se quere facer un Plan Especialler máis

 III. Paisaxe e Territorio: Bens de Uso Comunal

O ambiente é agora moi favorable, polo menos no mundo occidental. O ano 2009 o Premio Nobel de Economía foi concedido á Profesora Elinor Ostrom, da Universidade de Indiana, polos seus traballos sobre a xestión e o goce de bens ou recursos de uso comunal. Esta concesión sorprendeu a moitos, porque por unha vez non se premiaba un descubrimento para facer máis eficientes as empresas, ou para mellorar a competitividade e o desenvolvemento económico etc., senón un estudo sobre sistemas microeconómicos ás veces pre-capitalistas ou ancestrais, que aínda funcionan en moitos lugares do planetaler máis

IV. O valor universal da Paisaxe

Debemos preguntarnos: ¿que é un Ben, cando falamos do Territorio e da Paisaxe? A resposta é clara: algo que nos produce un beneficio, e por iso outorgámoslle un valor. O beneficio pode ser moi diverso, e así tamén o valor. Estamos xa moi familiarizados con conceptos como valor ecolóxico, paisaxístico, patrimonial, artístico e, naturalmente, económico no sentido estrito de “convertible en diñeiro”...ler máis