Constitución

Ten que haber participación e responsabilidade dos usuarios do Territorio na concepción e desenvolvemento das intervencións. É necesario crear outras instancias consultivas, afastadas da Administración e dos intereses inmediatos dos usuarios -é importante resaltar isto-, que poidan aconsellar e supervisar eficazmente dende perspectivas técnico-científicas interdisciplinares, amplas e de futuro.

Neste panorama de complicadas urxencias de difícil diagnóstico e tratamento, naceu o Observatorio Galego do Territorio, dentro do Centro de Estudos Avanzados de la Universidade de Santiago de Compostela, impulsado por un grupo interdisciplinar de profesores universitarios e outros profesionais. O Observatorio é un foro aberto, dentro do cal poden actuar outras persoas ou grupos, sen máis vínculo que a oportuna colaboración.

Estamos agora nun momento particularmente oportuno. As xa vellas (insistamos: vellas) ideas sobre a intervención en exclusiva dos poderes públicos, cuxos resultados saltan á vista, están a ceder o paso a outras formas de concibir a xestión do Territorio. As novas ideas exprésanse claramente a través do concepto, moi en voga, de multi goberno, é dicir, do goberno da cousa pública dende varios e diferentes centros, instancias, niveis, máis especializados e mellor comprometidos que os gobernos centrais (aínda que sexan de rango local) omnipotentes. Nas cuestións relativas ao Territorio e á Paisaxe esta tendencia actual adquire unha relevancia sobresaínte.

Observatorio Galego do Territorio    Con ocasión dunha conferencia sobre a traxedia do Prestige, na sede do Centro de  Estudos Avanzados da USC, quedou constituído o Observatorio Galego do Territorio, baixo a presidencia do entón Reitor Prof. Dr. Senén Barro Ameneiro e a Directora do Centro de Estudos Avanzados, Prof. Dr.a Mª Xosé Rodríguez Galdo, o 14 de Xuño de 2009,”. Na foto, de esquerda a dereita, Manuel Gallego Jorreto, Álvaro García Ortiz, Senén Barro Ameneiro, Mª Xosé Rodríguez Galdo, Gerardo Pereira-Menaut e Juan Pinto Tasende.

Membros do equipo

 logo_usc_escalaceav